Visitas para o público xeral
Visitas guiadas de 1 hora de duración a barco bonitero do ano 1967.
Faenou durante 30 anos en altamar para reconverterse nun museo, testemuña da forma de vida, historia, e cultura mariñeira do noso pobo.
Percorra todas as súas estancias, descubrindo a vida e tarefas diarias da tripulación nun barco das súas características, as artes de pesca dos portos do cantábrico e un acontecemento moi importante que tivo o seu epicentro en Burela e influíu na pesca europea.
A súa labor de concienciación e difusión de artes de pescas artesanais e sostibles é recoñecida coa Bandeira Azul da Unión Europea.
Cómo chegar
Explanada portuaria, 27880 Burela, Lugo
Lugares recomendados de estacionamento
-
- Explanada ao carón da Oficina de Turismo do Concello de Burela
Táboa de prezos
-
- Maiores de 18 anos: 5€
- De 8 a 17 anos: 3€
- Menores de 8 anos: 0€
- Tarifa según Ordenanza Fiscal Reguladora nº 21 (B.O.P: nº 133 de 2016)
IMPORTANTE: Todos/as os/as menores de idade deben ser anotados/as obrigatoriamente, incluídos bebés.
Lenda calendario:
Día con citas completas
Día con citas dispoñibles
Día aínda non dispoñible para reserva (as reservas se abren con 3 días naturais de antelación)
O Barco-Museo Reina del Carmen permanecerá pechado ata o 7 de Xaneiro de 2025.
Selecione no calendario cando desexa visitarnos: